Bienvidos

Bienvidos

 

Hai varios anos creouse A Asociación de Centros Educativos Waldorf, entidade que comezou acollendo a cinco iniciativas pedagóxicas de España e que agora a forman preto de 20: Colexios, Xardíns de Infancia, Centros de Formación de Mestres…

A Asociación de Centros Educativos Waldorf naceu coa intención de unir a tódalas iniciativas pedagóxicas Waldorf de España nunha organización onde se xuntaran as forzas, onde se practicara un apoio mutuo e a colaboración entre os distintos centros escolares de España, así como a colaboración coas novas iniciativas que foran xurdindo.


A Asociación representa en España este pulo de renovación pedagóxica xa desenvolvido e probado en decenas de países de todo o mundo desde hai case 90 anos.

A Asociación de Centros Educativos Waldorf de España participa como membro de pleno dereito no CONSELLO EUROPEO DE EDUCACIÓN WALDORF, NA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE XARDÍNS DE INFANCIA WALDORF E NA ALIANZA PARA A INFANCIA.

OBXECTIVOS

A Asociación, segundo os seus Estatutos, ten como fins:

  1. O apoio para a creación, o mantemento e o desenvolvemento de Institucións e Colexios, que se propoñan traballar coa base pedagóxica desenvolvida por Rudolf Steiner.
  2. O apoio ás persoas ou grupos de persoas que se dediquen, totalmente ou en parte, a actividades encamiñadas ao fin sinalado denantes.

Outros obxectivos:

-Interlocutora dos centros asociados perante as administracións públicas.

– Coordinadora de actividades pedagóxicas waldorf que atingan a varios centros.

– Promotora de actividades de apoio específico ós centros que o requiran.

– Prestación de asesoramento xurídico, administrativo e económico directamente ou a través de asesores externos.

– Coidar do bo uso do nome Waldorf por parte de Escolas e Institucións.

– Exercer o control de calidade respecto dos niveis pedagóxicos existentes nos Centros educativos.

– Promover a publicación de revistas para os asociados do mesmo xeito cá difusión da Pedagoxía Waldorf a través doutros medios de comunicación.

subir

 

 

Traduction vers l’allemand dans le cadre du projet de traduction gratuite pour les ONGs et les associations sans but lucratif. Projet réalisé par Mondo Services. Traducteur : Caroline Hanse